Bon Nadal, Eguberri on, Merry Christmas, Joyeux Noël, חג מולד שמח, Vrolijk kerstfeest, God jul, メリークリスマス, Frohe weihnachten
Sorteo!!
Hoxe, 13 de decembro, Santa Lucía, día dxs costureirxs … 🧵🧶🧷✂️🎊🎉😊 Imos facer un sorteo. O premio é unha camisa de home ou muller co poema de Manuel María 👚👔.
Para participar tendes que ser seguidores na páxina Obradoiro de Costura Saiáns, ou (@obradoirosaians) en facebook.com, compartir éste post e darlle a “gústame, ou encantameee”… 🤣. O sorteo remata o 6 de xaneiro de 2020… ao remate do nadal…
ARTE / SANÍA…👀
#artesaniadegalicia #artesaniadegaliza #artesania #feitoaman #camisadeliño #camisa #100x100galego
Chaleco “Castelao”
Xa temos no Obradoiro algún chaleco pictórico-téxtil, saido da colaboración co gran Leandro Lamas, por si vos presta nestas datas facer un agasallo co noso gran Daniel Castelao.
Costura de país
O noso obradoiro de costura abre a súa Tenda. Nela queremos amosar o noso traballo e pór á venta pezas de roupa baseadas na tradición, na nosa cultura, inspiradas na nosa contorna e expresións artísticas.
No blog presentaremos as novidades, o noso xeito de facer e compartiremos inquedanzas. Agardamos que esta nova canle de comunicación nos achegue máis a todos os que estades interesados no traballo artesán do noso obradoiro.
Xa sabedes onde atoparnos!
Vestimos instrumentos
Unha boa funda ou estoxo é fundamental para a correcta conservación e protección dos instrumentos musicais. Ao engadirlle un toque persoal, o resultado é maravilloso .
Levamos anos vestindo instrumentos e protexendo as ferramentas coas que traballan os músicos. Esta unión de dúas das nosas paixóns, música e creación téxtil, é outro dos piares do noso labor artesán.
Aquí podedes ollar algo dos nosos traballos, pero de seguro que atoparedes moitas fundas e vestidos en instrumentos espallados por todo o mundo!!!!
E en moitos deles poderedes recoñecer o noso selo de identidade. A nós encántanos ver o uso que se lles dá!
Somos artesáns
Traballamos os tecidos artesanalmente, desenvolvendo deseños únicos, innovadores e con personalidade.
Con moita frecuencia, facemos traballos a medida para diferentes persoas. Gústanos formar parte de moitos outros proxectos, facelos nosos e contribuír co noso facer.
Tentamos tamén aportar ideas e tentar mellorar as pezas para obter un mellor resultado sen perder a nosa personalidade.
Estamos incluídos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.







