En cumprimento co deber de información recollido en artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, a continuación, reflíctense os seguintes datos: OBRADOIRO DE COSTURA SAIÁNS C.B., con C.I.F. número: E27822469, e con domicilio social en: Baixada á Praia 183, baixo, C. P.: 36392 Saiáns – Vigo (Pontevedra), e na súa representación, Carlos Pazos Puig, correo electrónico de contacto info@obradoirosaians.gal, figura rexistrada no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores co número de xustificante 0366003307171.
OBRADOIRO DE COSTURA SAIÁNS C.B. é titular dun portal na internet, accesible na url: http://www.obradoirosaians.gal/
1. Obxectivo
As presentes condicións de venda regulan o acordo entre o OBRADOIRO DE COSTURA SAIÁNS C.B., formalizado a través do sitio web www.obradoirosaians.gal para a adquisición por parte do Cliente de produtos do Obradoiro.
2. Procedemento de contratación
Para poder facer un pedido a través do sitio web, o Cliente debe ser maior de idade (18 ou máis anos) e debe ser o cliente final. Os menores de idade quedan excluídos de forma expresa.
Como facer un pedido
Para facer un pedido hai que seguir estos pasos:
1. Selecciona os produto e engádeos ao teu carriño
2. Na ficha de produto poderás ver os detalles do mesmo: fotos, descrición, tallas, material, envío… Selecciona a talla e cor que prefiras e engade a túa selección ao carriño (premendo o botón). Podes seguir vendo máis produtos ou ir directamente ao teu carriño da compra para continuar o teu pedido.
3. A continuación preme en “FINALIZAR COMPRA” para introducir os teus datos. Terás que introducir os datos persoais, e datos de envío. E finalmente seleccionar como queres realizar o pago: tarxeta ou Paypal.
4. Recibirás un email de confirmación do teu pedido.
Ao premer o botón FINALIZAR COMPRA no formulario de pedido, o Cliente acepta totalmente e sen reservas todas as condicións de venda que aparecen no Sitio web no momento da contratación.
3. Disponibilidade de produtos
A culminación dun pedido a través do Sitio web está suxeita á disponibilidade das prendas. Se o produto pedido non está dispoñible ou se está esgotado, informarase ao Cliente por correo electrónico e se lle reembolsará o importe pagado antes de que transcorran os 30 días seguintes ao pago.
4. Dereito de cancelar ou de non aceptar un pedido
O Obradoiro resérvase o dereito de rechazar calquera pedido, cancelalo ou non aceptar un pedido confirmado polas seguintes razóns:
- Produciuse un erro técnico ou de prezos no Sitio web cando se realizou o pedido.
- O produto que figura no pedido non está dispoñible.
- A información de pago facilitada era incorrecta ou non verificable.
- Os sistemas de seguridade indican que o pedido é anómalo ou poder ser fraudulento.
- Hai razóns que indican que o Cliente é menor de idade.
- O Obradoiro de Costura Saiáns non puido, tras 3 tentativas, entregar o pedido no enderezo facilitado.
Se un pedido se cancela por algunha das razóns anteriores, O Obradoiro de Costura Saiáns reembolsará (se corresponde) o valor do pedido e os gastos de envío pagados.
5. Verificación de datos
Antes de procesar un pedido realizado polo Cliente, o Obradoiro pode verificar os datos do mesmo. Esto pode significar a verficación do enderezo e a solvencia do Cliente e se pode haber algún fraude implicado. Respecto ao posible fraude, o Obradoiro pode usar unha verificación parcialmente automática de todas as compras para filtrar as que se consideren anómalas ou sospeitosas de fraude.
6. Prezo e pago
Os prezos e as ofertas que se presentan no Sitio web están en euros e inclúen IVE (Imposto sobre o valor engadido) e só son válidos para os pedidos realizados en liña a través do Sitio web.
Todas as compras realizadas a través do Sitio web estarán suxeitas ao IVE. O IVE aplicarase na porcentaxe legal vixente en Galicia, independentemente do seu lugar de entrega.
7. Forma de pago
Para pagar o pedido o Cliente pode usar as seguntes formas de pago: tarxeta de crédito e débito e Paypal.
O cargo realizarase tras a confirmación do pedido.
8. Entrega
As entregas realizaranse os días laborables, aínda que a axencia de transporte podería realizar algunhas entregas en días festivos na localidade de destino se o estima oportuno.
O Obradoiro non pode garantir a puntualidade na entrega dos seus pedidos, polo que cando o pedido é entregado á axencia de transportes, se lle comunica ao cliente o código de seguimento e a data aproximada de entrega.
9. Verificación ao recibilo
O Cliente debe verficar o estado do paquete ao recibilo. Se a embalaxe está danada, o Cliente non debe aceptar a entrega. No caso de que non se recibira ningunha comunicación de rexeitamento dos produtos aos 15 días da mesma, o Obradoiro considerará que o Cliente aceptou a mesma. Esto non afectará ao dereito de devolución ou cambio.
10. Envíos
O importe de envío do pedido calcularase automáticamente no proceso de compra (antes do pago) segundo a localidade de envío e tipo de envío.
O prazo de entrega a partir da confirmación do pedido será como máximo de 5 / 7 días laborables * en Península e 7 / 10 días para 0 resto de zonas. Podes consultarnos para unha maior concreción dos prazos : info@obradoirosaians.gal.
*En periodos de navidad, rebaixas, ou promocións os prazos poden alongarse 2 ou 3 días laborables.
11. Devolucións
Devolución de produtos non conformes
O Cliente ten dereito a devolver produtos defetuosos ou non conformes. O Cliente dispón de 15 días laborables dende o momento de deteción da non conformidade do produto para informar ao Obradoiro de Costura Saiáns sobre o defecto ou a non conformidade e proceder á devolución do produto ao Obradoiro de Costura Saiáns.
- Se o Cliente devolve o produto porque é defectuoso, o Obradoiro reembolsará o valor do produto e os gastos de envío, antes de trinta días da recepción por parte de Obradoiro de Costura do produto motivo da devolución.
- Se o Cliente quere cambiar o produto porque non se axusta aos seus requerimentos pode cambialo por outro ou devolvelo (portes a cargo do Cliente).
En calquera dos dous casos anteriores remitirá o artigo ao noso enderezo: Baixada á Praia, 183 – Saiáns. 36392 Vigo, Pontevedra. No momento en que recibamos o artigo, procederemos a devolverlle o importe ou faremos chegar ao cliente un bono para usar na nosa web, o que o cliente prefira.
O anterior é sen prexuízo dos dereitos que o Cliente ostenta como conumidor segundo o disposto na normativa vixente de carácter imperativa sobre protección de consumidores.
Información sobre os reembolsos
O reembolso realizarase na forma de pago orixinal. O Obradoiro non realizará ningún reembolso ata que reciba o produto motivo do reembolso e verifique as súas condicións. Unha vez verificadas, o Cliente recibirá un reembolso co importe relevante antes dos trinta días da recepción do produto.
12. Estas condicións de venda están suxeitas á lexislación vixente
Calquera disputa ou discrepancia que xurda da aplicación ou interpretación das Condicións de Venda, resolverase nos tribunais.
Para calquera consulta ou incidente respecto ao pedido, o Cliente pode porse en contacto co Obradoiro de Costura Saiáns a través da sección de Contacto do sitio Web ou ben, chamando ao teléfono alí indicado.