Foi un privilexio vestir á alcaldesa de Santiago nun día tan sinalado para a cidade. Goretti Sanmartín Rei (@gorettisrei).
Inspirada nas imaxes de Sabela no Foro do Traxe Tradicional Galego, especialmente no traxe de garda picheleira, deseñei este conxunto que fusiona tradición e modernidade. O liño, un tecido arraigado na nosa cultura, foi a base para crear un vestido e unha chaqueta que honran a vestimenta feminina galega.
O vestido, cun corte que combina elementos tradicionais como o dengue e a basquiña, se reinventa cunha combinación de dous tons de liño que recordan ao veludo. A chaqueta curta, unha versión contemporánea da chaqueta picheleira, completa o conxunto.
Ambas pezas están enriquecidas co icónico bordado picheleiro.
Espero que este deseño, que rende homenaxe á vestimenta feminina galega, sexa do voso agrado.
Deixa unha resposta