Onte saimos na TVG
, nun programa novo, que seguirá os pasos da gran Ruth Matilda Anderson na Galicia dos anos 20. A fotógrafa Norteaméricana
que retratou a Galicia de hai
anos.
A verdade é que o programa quedou moi chulo e moi interesante.
GRAZAS @sonia__mendez e @leticiatblanco por pensar en min. Déixovos a ligazón para que o vexades completo.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/galicia-de-20-a-20?t=1694
Resumo da nosa aparación no programa.
Sobre o programa…
Galicia de 20 a 20 está presentado por Sonia Méndez, quen ten unha longa traxectoria no audiovisual. Sonia é unha persoa inqueda que sempre está creando e ideando. Isto xunto coa súa experiencia convértena no perfil ideal para seguir os pasos da fotógrafa en Galicia. A súa compañeira de viaxe vai ser Leticia T. Blanco. Ela é a terceira xeración de fotógrafos da súa familia e é unha apaixoada da fotografía analóxica, polo que o seu ollar e o seu don de xentes serán o complemento perfecto nesta viaxe.
O guión e a dirección da serie documental corren a cargo de Alejandro Gándara e Olaia Tubío. Ambos foron tamén os encargados de crear, guionizar e dirixir o documental Dorothé na Vila, gañador do segundo Concurso de Ideas Luisa Villalta de Proxectos Culturais Pola Igualdade da Deputación da Coruña.
Etapa 1, de Vigo a Ponteareas
A viaxe de Sonia Méndez e Leticia T. Blanco comezará en Vigo, ao igual que o fixo a de Ruth Matilda Anderson, quen chegou ao porto desta cidade no ano 1924. Actualizarán unha fotografía dunha muller que levaba un cesto na cabeza con 22 pitos e, a maiores, aproveitarán que están en Vigo para coñecer a unha pioneira da fotografía que contará como era o oficio a mediados de século.
Anderson amosou tamén un gran interese polos traxes tradicionais galegos, polo que o programa achegarase ao obradoiro de costura de Saiáns. Pasarán tamén por unha carpintaría de Ribeira que se atopa en Domaio (Moaña) e rematarán o primeiro tramo da súa viaxe nunha escola de Ponteareas fotografada hai un século.
Unha fermosa viaxe dirixida e guionizada por Alejandro Gándara e Olaia Tubío. Producida por Isabel Vázquez. Son de Alfonso Couceiro e cámaras Hugo Vázquez, Natalio Lorenzo e Ana Reino. Maquipelos Paula Grandal e @mariansg2127.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.