Hai case dous anos que veu o grupo Ansuiña para facer catro traxes… Como pasa o tempo 🙈🙈🙈
O sábado por fin puiden darllos, quixeron estrealos no taller e tocáronme unha peza 😍💪 qué satisfación🤸🏿♀️🤸🏿♀️🤸🏿♀️, entre que creía que non me ía dar tempo e logo a peza, foi incrible a sensación. Non podo explicalo😊😍😍
Grazas, por confiar, por esperar, e por ter moita, moita, moita paciencia.
O bordado da monteira é dun debuxo que atopamos nun libro “Unha dorna polbeira antiga de castiñeira” de Juan pérez Martínez “Xandomar”. Grazas a Mar e Santi..
Os chaleques foron inspirados no cadro de Dionisio Fierros, Romaría dos arredores de Santiago, en 1855. Nós bordamoslles uns toxos 😉 seica en Vilanova dáse moito o toxo 😅.
Grazas Jose, Marco, Rebo e Paulo. Foi un pracer e un luxo traballar para vós. Agora falta facer o Facebook do grupo 😅🤣🤣🤣 .
E a continuación unha pequena mostra…
Deixa unha resposta