SORTEO do dezasete 🎊🎉
de maio de dous mil vinte.
Unha camisa de liño 👔
bulide a este convite. 🏃♀️🏃♂️
Ten bordado un poema
do escritor Manuel María, 🥰
manga longo, colo mao
e a estrela que nos guía. ✨
VIVAN as Letras Galegas, 💪
que se entere o mundo enteiro. 🗣
Este ano homenaxeamos 👏👏👏
o gran CARVALHO CALERO. 😍😍😍🌹
Para participar:
1º.-Ser seguidor da nosa páxina do Facebook Obradoiro de costura Saiáns.
2º.-É preciso comentar na nosa publicación o nome da persoa homenaxeada no día das LETRAS GALEGAS deste ano, ou si preferides facernos una copla. 👍
3º.-Compartir a publicación no voso perfil, e darlle a gústame ou encántame. 👍❤️
O SORTEO FARÉMOLO O 17 DE MAIO.
🍀🍀🍀SORTE A TODXS XS PARTICIPANTES🍀🍀🍀
Pili
Este ano é homenaxeado Carvalho Calero.